Os nosos servizos
En CREADOS ofrecemos unha ampla gama de servizos pensados para satisfacer as necesidades educativas e terapéuticas dos nosos alumnos, tanto nenos como adultos. A nosa oferta abarca desde terapias especializadas ata programas formativos e actividades de lecer, cada un adaptado para potenciar as habilidades individuais e favorecer o desenvolvemento integral. Descubra como os nosos servizos poden apoiar o seu crecemento e benestar, proporcionando un ambiente inclusivo e personalizado onde cada aprendizaxe é única.
COnoce nuestros servicios
Traballamos con problemas de humor, ansiedade, estrés, fobias, autoestima, duelo, trastornos alimentarios, adiccións, e ofrecemos terapias para nenos, familias, parellas.
Saber máisAbordamos as dificultades de organización do material de estudo, lectura, ortografía, matemáticas, comprensión de textos e atención sostida para nenos, adolescentes e adultos.
Saber máisOfrecemos intervención para Atención Temperá (0-6 anos), Infantil-Xuven e Adultos en problemas de voz, demencias, ictus, afasia e Parkinson, mellorando a linguaxe e a comunicación.
Saber máisMelloramos a autonomía, desenvolvemos a motricidade fina e grosa, e adaptamos o entorno para facilitar a independencia e a calidade de vida de nenos e adultos.
SABER MÁISAtención personalizada para nenos e nenas de Educación Primaria, axudando nos deberes, aclarando dúbidas, preparando exames e organizando material de estudo.
Saber máisDirixido a nenos e nenas de 1o e 2o de primaria melloramos a comprensión lectora, a ortografía e a escritura, fomentando o gusto pola lectura e a aprendizaxe.
Saber máisOfrecemos grupos reducidos ou sesións individualizadas para resolver dúbidas, reforzar contidos académicos, preparar os exames e adaptarnos ás necesidades específicas do alumno.
Saber máisEnsinamos técnicas de estudo eficaces e desenvolvemos estratexias de atención, cognitivas e metacognitivas, en pequenos grupos ou sesións personalizadas e individualizadas.
Saber máisDesenvolvemos habilidades de comunicación e traballo en equipo, promovendo o crecemento emocional e intelectual a través de obradoiros interactivos.
Saber máisPara o alumnado de 6 a 12 anos ofrecemos reforzo e aprendizaxe do inglés adaptado ás diferentes idades e niveis, mellorando a súa competencia lingüística.
Saber máisOfrecemos orientación e obradoiros sobre diversos temas educativos e de desenvolvemento infantil, implicando activamente aos pais no proceso educativo dos seus fillos.
Saber máisDirixido ao alumnado de Educación Infantil, aprendemos inglés dun xeito divertido e participativo a través de xogos, cancións e películas, adaptados ao seu nivel e interese.
Saber máisOrganizamos campamentos de verán e de Nadal, e actividades semanais que fomenten a socialización e o contacto coa natureza, afastando aos nenos do sedentarismo.
Saber máisDirixido a nenos e nenas de 2 a 5 anos, desenvolvemos capacidades e habilidades a través de xogos e exercicios de psicomotricidade, creando un ambiente estimulante e enriquecedor.
Saber máisServizos de animación para celebracións como vodas, bautizos e outros eventos, con profesionais formados en animación infantil e xuvenil.
Saber máisPóñase en contacto para obter máis información
Descubra como os nosos servizos personalizados poden marcar a diferenza. Ponte en contacto connosco hoxe e obtén máis información adaptada ás túas necesidades.
Encántanos o noso traballo
Encomendar a educación do teu fillo a CREADOS é apostar por un enfoque integral, personalizado e de calidade que garante un desenvolvemento equilibrado e completo, nun entorno onde se valora e potencia o crecemento individual.
En CREADOS trátase a cada persoa como un individuo único coas súas propias necesidades e fortalezas. Deseñamos plans educativos personalizados que se adaptan ás particularidades de cada alumno, garantindo que reciba o apoio e os recursos específicos que precisan para prosperar.
Fomentamos un ambiente inclusivo onde todos se sintan valorados e respectados. Cremos firmemente que un ambiente positivo e seguro é esencial para a aprendizaxe e o desenvolvemento persoal, e traballamos sen descanso para crear unha comunidade solidaria e colaborativa.
Dedicámonos a promover o desenvolvemento académico, emocional e social de cada alumno. A través das nosas diversas terapias, programas formativos e actividades de lecer, buscamos potenciar todas as áreas de desenvolvemento, axudando a que cada neno alcance o seu máximo potencial.